venres, 30 de maio de 2014

Vídeo: Corda, tea e trapecio

Neste vídeo propóñense actividades para realizar cos alumnos nestes elementos. As actividades propostas son sinxelas e están en progresión agrupadas polo seu nivel de dificultade. Inicialmente experiméntanse elementos básicos dende altura moi baixa ou mesmo dende o chan (cochoneta), para máis adiante ir aumentando a distancia ó chan.

Entre os contidos tratados expóñense algunhas alternativas de traballo como: posición básicas estáticas, agarres e presas de mans e pés, posicións de descanso, figuras dinámicas,...

Este é o primeiro vídeo editado por nós: a autora desta obra é Paz Peleteiro.


Podes visitar a nosa Canle de vídeo en Youtube :
https://www.youtube.com/channel/UCr6F_M4ZIWvxEH7JOkslAoQ

Danza Vertical

Neste documento amosamos una proposta de Familiarización á Danza Vertical e un achegamento inicial ó traballo en liña vertical elaborado por Carlos Novo.

Nesta proposta explícanse os requisitos materiais e medidas de seguridade necesarios para desenvolver unha actividade destas características nun centro educativo. Ademáis hai que resaltar que é fundamental dispor dunhas instalacións/estructuras no centro aptas para unha instalación deste tipo.

Esta proposta pretende achegarnos ó traballo con liñas verticais e familiarizarnos co material e as habilidades ximnásticas específicas desta modalidade e que pode ser un elemento de por sí motivador e diferente para os nosos alumnos e enriquece, pola variación dos planos de movemento, a percepción corporal no espazo e a valoración doutras formas de expresión corporal.

xoves, 8 de maio de 2014

Habilidades ximnásticas: uso metodolóxico dos gifs ou imaxes animadas


prog.volteo.ej.dinamico


De cara ó aprendizaxe dos distintos elementos ximnásticos vistos nas sesións de Habilidades ximnásticas, é importante ter unha boa imaxen mental do movemento a realizar. A realización de videos curtos, series fotográficas dinámicas ou gifs dos distintos exercicios de progresión, mellora a imaxen mental do exercicio a realizar e axuda a ter unha boa percepción das continxencias espacio temporais a ter en conta polo alumno/a.
No gif que se vos presenta, tendes un exemplo de exercicio realizado dentro da progresión ós volteos que foi realizado por 2 alumnas de 1º TSAAFD do Sánchez Cantón de Pontevedra (Alba e Nerea) no curso 2012-13. Para o deseño do gif empregouse o programa Gimp (software libre). No documento colaborativo sobre práctica e teoría que preparamos para a parte de acrosport dinámico podedes realizar aportacións  e tamén incluir o voso propio gif ou algún que atopedes na rede. O alumnado interesado en realizar un gif dalgún elemento acroximnástico pode pasar os mércores no horario de recreo – PDC polo pabellón ou un martes que acordemos ó remate do horario de 1º TSAAFD.
No IES Alexandre Bóveda de Vigo, o noso compañeiro Miguel Raposo e o seu alumnado están tamén a traballar neste documento de xeito colaborativo. Seguro que irán a surxir iniciativas interesantes desta colaboración entre ambos centros e outros dentro do grupo de traballo CIRSCOLA que comezou a súa andadura no curso 2013-14.
Contacto para colaboracións: fpc.individuales@gmail.com
Publicado en ciclos deporte